OS NOSOS CURSOS

INGLÉS PARA O CURSO 2017-1018 Nº prazas: -

Luns a venres de 18:00 a 20:00 ou de 16:00-20:00

Clases baseadas na creación dun contexto real en inglés con diferentes actividades divertidas e educativas como teatro, manualidades, cociña, actividades ao aire libre, actividades interactivas con tablets e moitas máis.

Dúas horas semanais seguidas nas que os nenos varía de actividade de acordo coas súas necesidades e os seus tempos de concentración. Estas dúas horas permiten que os nosos alumnos se somerxan mellor no contexto que creamos para eles ao tempo que se divirten aprendendo inglés.

Contacta con nós para máis información ou visita a nosa escola! En agosto permaneceremos pechados por vacacións.

Tel.: 881957648     info@wonderschool.es

11:30-14:00 | 16:30-20:00

 

Confirmo que lin e acepto as condicións legais e de privacidade
WONDER SUMMER - VERÁN EN INGLÉS Nº prazas:

Durante as vacacións os pais queren que os seus fillos estean contentos e o pasen o mellor posible e se pode ser aprendendo inglés, que mellor!

A nosa escola de verán ofrece unha serie de actividades lúdicas e formativas: teatro, storytelling, cociña, piscina, manualidades, xogos tradicionais, música, saídas culturais e moitas máis, todas en INGLÉS!
A nosa é unha escola agradable e familiar rodeada de espazos verdes, o que permite que moitas das actividades sexan ao aire libre.
Os nenos estarán en contacto co inglés constantemente e aprenderán, interiorizarán e consolidarán coñecementos sen darse de conta. Ademais será para eles un momento de diversión e socialización.
Grupos reducidos de 8 nenos.
Non dubides en visitarnos ou en contactar con nós para calquera consulta!
VERÁN 2017  do 26 de xuño ao 28 de xullo
HORARIO
Actividades: 10 – 14 h
Posibilidade de acollida de nenos de 9:00 a 15:00 horas
CONTACTO
info@wonderschool.es
Tel.: 881957648

 

Confirmo que lin e acepto as condicións legais e de privacidade
INGLÉS PARA 2 ANOS Nº prazas:

Para os máis pequenos temos este curso en que a metodoloxía e os materiais están especialmente adaptados para eles. Ademais, a nosa escola cumpre a normativa vixente e ofrece tamén as instalacións adecuadas para nenos de tan curta idade ao contar con solo radiante e sistema de renovación de aire e ao carecer de barreiras arquitectónicas.

Son dúas horas semanais nas que se estimulan as capacidades cognitivas, auditivas e lingüísticas destes nenos e nenas con actividades (todas en inglés) musicais, de simulación, de asociación ou de estimulación sensorial entre outras.

Este curso é ideal como inicio e primeiro contacto co inglés, xa que o que pretende é que os nenos e nenas empecen a imitar e recoñecer os sons e fonemas desta lingua cando aínda están a desenvolver o seu aparello fonador.

Para máis información non dubide en visitarnos en contactar con nós:

tel.: 881 957 648  |  info@wonderschool.es

Horario de atención: de luns a venres de 11:30 – 14:00 e de 16:30-20:00.

Confirmo que lin e acepto as condicións legais e de privacidade