O NOSO M√ČTODO

O  noso método está baseado na aprendizaxe comunicativa, unha aprendizaxe natural que lles proporciona aos nenos a posibilidade de usar o inglés nun contexto real.

O INPUT

Cando aprendemos unha lingua comezamos recibindo unha gran cantidade de input do noso entorno, palabras e frases que non entendemos pero que imos comprendendo a través do contexto e da intuición. Esta sería unha primeira fase de recepción oral. A nosa escola ofrece este input nun entorno real creado grazas ás nosas instalacións, na cociña, na sala ou nas aulas mediante xogo de simulación, e tamén no exterior aproveitando as zonas verdes que rodean a escola. Así os nenos asocian a linguaxe que escoiten a unha realidade concreta.

A INTERACCIÓN

Ao recibir este input sentimos a necesidade de comunicarnos e de interaccionar, entramos así nun proceso de ensaio-erro. Nesta fase é esencial que os pequenos estean nun ambiente acolledor e propicio para que eles mesmos tomen a iniciativa de expresarse oralmente. Isto coñécese como ‘filtro afectivo’: o feito de estar emocionalmente motivados é a base para o éxito de calquera aprendizaxe, os nenos aprenden mellor nun ambiente relaxado e agradable.

A MOTIVACIÓN

A motivación é unha peza chave para a aprendizaxe. Por iso en Wonder School ofrecemos actividades lúdico-educativas como cociña, uso de marionetas, teatro ou manualidades, entre outras, sen deixar atrás as novas tecnoloxías das que dispoñemos.

As nosas instalacións tamén favorecen este entorno motivador co seu deseño alegre e coa súa situación entre zonas verdes. Todo isto súmase para crear un ambiente que lles permite aos nenos desenvolver a súa creatividade e a súa capacidade comunicativa.