QUEN SOMOS

Wonder School é unha escola de inglés para nenos de 3 a 9 anos que nace dun proxecto innovador co que pretendemos aproveitar as aptitudes naturais dos nenos para a linguaxe e facer que aprendan inglés igual que aprenderon a súa lingua nai. O noso obxectivo é que nun futuro os nosos alumnos se sintan seguros falando en inglés.

POR QUE WONDER SCHOOL?

  • Grupos reducidos de máximo 6 nenos, seguimento personalizado.
  • 100% inglés nas aulas, contexto real de comunicación.
  • Estímulos acorde coa súa idade con materiais e temas do seu interese.
  • Uso de novas tecnoloxías como unha ferramenta máis de aprendizaxe.
  • Ambiente agradable e familiar, deseño alegre.

AS NOSAS INSTALACIÓNS:

  • Escola rodeada de espazos verdes.
  • Solo radiante e sistema de renovación de aire.
  • Cociña e sala de estar.
  • Aulas insonorizadas e adaptadas para nenos.
  • Normativa de seguridade para  nenos, sen barreiras arquitectónicas.