O noso
método


O noso método está baseado na aprendizaxe comunicativa, unha aprendizaxe natural na que existe a posibilidade de usar o inglés nun contexto real. Neste proceso no que os alumnos se expoñen a situacións comunicativas reais hai certos elementos que teñen especial importancia como son o input, a interacción e a motivación.

O INPUT

Cando aprendemos unha lingua comezamos recibindo unha gran cantidade de input da nosa entorna, palabras e frases que non entendemos mais que vamos comprendendo a través do contexto e a intuición. Esta sería unha primeira fase de recepción oral. A nosa filosofía de escola é ofrecer este input nunha entorna real para que os nosos alumnos asocien o inglés a situacións reais.

A INTERACCIÓN

Ao recibir este input sentimos a necesidade de comunicarnos e de interaccionar, entramos así nun proceso de ensaio-erro. Nesta fase é esencial que os nenos estean nun ambiente acolledor e propicio para que eles mesmos tomen a iniciativa de expresarse oralmente. Este fenómeno coñécese como ‘filtro afectivo’: estar emocionalmente motivados é a base para calquera aprendizaxe, os nenos e nenas aprenden mellor nun ambiente relaxado e agradable como o que ofrece a nosa escola.

A MOTIVACIÓN

A motivación é unha peza chave para a aprendizaxe. En Wonder School ofrecemos actividades lúdico-educativas como cociña, teatro, marionetas, ioga ou manualidades, entre outras. Todas as actividades que creamos están perfectamente actualizadas e adaptadas para cada idade.

As nosas instalacións tamén favorecen esta motivación co seu deseño alegre e a súa situación entre zonas verdes. Todos estes factores súmanse para crear un ambiente que lles permita a todos os nenos e nenas desenvolver a súa creatividade e a súa capacidade comunicativa.


Os nosos cursos

Inglés a partir
de 2 anos

100% inglés
falado


Máximo 6 nenos por grupo

Aprende inglés
xogando